Semana da Prensa

 Dende hoxe, día 4 e ata o día 8 de marzo conmemoramos a Semana da Prensa. É por iso que aproveitei a nosa sección de quiosco que temos na biblio e enchina de xornais e revistas para que poidades empregar na aula coa vosa titora, consultalos na Razoteca ou incluso levalos a casa. Desfruta da prensa escrita e estate ao tanto de todo o que acontece!





Unido ao noso tema central do colexio, os Xogos Olímpicos, tamén estades a convertiros en xornalistas para escribir noticias ou titulares nos que se premian boas condutas. Porque soñamos cun mundo mellor e noticias bonitas!

Moncho

Comentarios

A NOSA RAZOTECA!